Nova Fitbit Blaze: Fitbit aposta agora polos reloxos

Fitbit puxo de moda hai cousa de ano e pico as pulseiras cuantificadoras de actividade, algunhas das cales probamos no blog (por exemplo, a Fitbit Charge). Este tipo de dispositivos axúdannos a coñecer canto nos movemos, como durmimos… de maneira que seremos quen de propoñernos retos que nos fagan levar unha vida máis saudábel.

Durante o CES, a feira tecnolóxica que se celebrou esta semana en Las Vegas, Fitbit anunciou un trebello diferente ao que nos ten acostumados, o smartwatch Fitbit Blaze, que fuxe do aspecto deportivo que caracterizaba á marca até o de agora para meterse de cheo no mundo dos reloxos que mixturan tradición e un aquel smart.

fitbit blaze - 1

Con todo, non debemos deixarnos levar pola súa estética de reloxo. O Blaze segue sendo un completo medidor deportivo e leva preinstalada a aplicación FitStat, mercada por Fitbit o ano pasado, que elimina a necesidade de ter que seleccionar que actividade deportiva imos facer: ela soa descúbreo e cuantifica os datos do exercicio sen que teñamos que facer nada.

Incorpora GPS para unha maior precisión e lector de pulso continuo, para que poidamos ter a referencia de como nos late o corazón. Ademais é compatíbel con Android, iOS e Windows Phone.

Está previsto que chegue en marzo ao mercado (Estados Unidos) por 199 dólares. Imaxinamos que pouco despois porase á venda no noso país por uns 200 euros. Que vos parece?

One Response

  1. Alberto 11 Xaneiro, 2016 Responder

Deixa un Comentario