Memorado, o xogo que nos demostrará que temos mala memoria

Hoxe queremos achegarvos un interesante xogo de memoria que se chama Memorado. E coidado con el, é adictivo!

Memorado é un xogo que podemos preconfigurar desde o comezo e así, entrenar aspectos nos que personalmente queremos mellorar, e que non teñen que coincidir cos de outras xogadoras.

Screenshot_2016-01-04-10-52-38

Screenshot_2016-01-04-10-53-09

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deste xeito, e como vemos nas capturas, podemos marcar como pouco importante, importante ou moi importante e en base a estas preferencias o xogo proponnos un tipo de entrenamento ou outro.

En Memorado, temos moitas variantes e así podemos estar entretidas un bo anaco sen cansar del ao pouco tempo, pois atopamos xogos de memoria como poden ser o das celas: temos un tableiro no que se nos dí onde estas as de cor verde, agóchanse e logo temos que repetir onde estaban.

Screenshot_2016-01-04-11-14-22

Outro xogo pode ser o das cores confusas no que se nos presenta una palabra escrita nunha cor, e temos que dicir se a cor que vemos e a palabra coinciden; por exemplo se vemos a palabra marrón en cor marrón diremos SI. Agora ben, se vemos a palabra marrón en cor amarela teremos que dicir NON.

En resumo, pensamos que Memorado é un xogo moi entretido que ademáis nos axuda a mellorar a nosa axilidade mental que pensamos que pode ser da vosa interese: non todo vai ser Angry Birds 😉 Se concordades con nós, nesta ligazón podedes descargar o xogo totalmente de balde iso sí, para desbloquear algún xogo, haberá que facerse usuaria premium.

Deixa un Comentario