LG anuncia evento no MWC: LG G5?

Logo dun CES descafeinado en canto a terminais móbiles, agárdase que os principais lanzamentos de smartphones cheguen durante ou nas datas próximas ao Mobile World Congress, que se celebrará en Barcelona entre os días 22 e 25 de febreiro.

Neste sentido, LG vén de comezar a enviar os Save the date dun evento que terá lugar o día 21, domingo previo ao inicio da maior feira de telefonía a nível mundial.

LG MWC

Todo parece indicar que ese día veremos un novo buque insignia, o LG G5, do que xa falamos hai uns días. Segundo as últimas informacións, contaría con pantalla de 5,3 polgadas e unha segunda pantalla como elemento máis diferenciador, aínda que tamén tería unha ranura (magic slot) á que se poderían conectar diversos accesorios.

De seguro que nas próximas semanas iremos recibindo novas informacións e rumores. Que ganas de sabelo todo, non? 🙂

No Responses

Deixa un Comentario