O Samsung Galaxy J5, un teléfono centrado nas selfies

Cunha gama media cada vez máis ampla e atractiva, a diferenciación faise imprescindíbel para conseguir entrar polo ollo das usuarias. É por iso que cada vez son máis os fabricantes que miman un aspecto determinado dos seus dispositivos, conseguindo algo tractivo. É o caso do Samsung Galaxy J5, o novo smartphone da surcoreana Samsung, que fai bandeira da experiencia selfie.

samsung galaxy j5 - 1

O trebello conta con acabados plásticos e integra unha pantalla AMOLED con resolución HD 720p (294 ppp). No seu interior leva un procesador Cortex A-53, con arquitectura de 64 bits e catro núcleos a 1,2 GHz, acompañado de 1,5 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. A súa batería é de 2600 mAh.

samsung galaxy j5 - 3

Pero como xa comentamos, é no aspecto fotográfico onde máis destaca este trebello fronte outros da mesma gama da competencia. Así, atopámonos cunha cámara principal de 13 megapíxeles e apertura f/1.9 e unha frontal de 5 Mpx, coa novidade de que ambas teñen flash LED (é o primeiro dispositivo de Samsung en telo na parte frontal).

O Samsung Galaxy J5 está dispoñíbel por 199 € en tres cores: branco, negro e dourado.

Deixa un Comentario