A incríbel aventura en miniatura de Google Maps

Nos últimos anos Google e os seus coches (mochilas, motos, bicicletas…) de Street View encargáronse de recoller imaxes de todo o mundo, desde as céntricas rúas de cidades e vilas até as corredoiras de moitas aldeas, lugares emblemáticos e mesmo o Lago Ness.

Mais desta vez Google vai un paso máis aló, miniaturizándose para amosarnos Miniatur WunderlandSituada en Hamburgo, Miniatur Wunderland é a maior cidade en miniatura feita por amantes dos trens en miniatura, que conta con máis de 13 kilómetros de vías, máis de 200.000 persoas e mesmo un aeroporto.

A compañía de Mountain View non quixo perder a oportunidade de permitirnos viaxar a ese lugar máxico sen nos mover do sofá da casa, polo que nunha colaboración con Ubilabs equiparon pequenas cámaras en coches teledirixidos, co fin de gravar as rúas par podérmonos mover por elas. O resultado? Podédelo ver nesta ligazón. Mola, eh? 🙂

Sobre o autor

Reply