Fusion+ Radio: a alternativa de Movistar para que non ten cobertura de ADSL ou fibra

Non todo o mundo ten acceso a conexións de banda larga fixas, ben sexa a través de fibra ou por ADSL, polo que en ocasións compensa facerse cunha alternativa a través de conexións móbiles, como as que comparamos no blog hai unhas semanas.

Porén, hoxe imos falar de Fusion+ Radio, un produto de conexión no fogar que Movistar ofrece única e exclusivamente naquelas zonas nas que non hai cobertura a través de tecnoloxías como o ADSL ou a fibra, pero si a través de 3G.

Fusión+ Radio ofrece unha conexión de Internet a través da rede móbil da compañía, limitada a unha velocidade máxima de 10 Mbps en baixada e 256 kbps en subida. A letra equena di que se reservan o dereito a modular a velocidade de descarga en casos de saturación, pero mantendo sempre un mínimo de 1 Mbps en baixada. En canto ás chamadas, inclúense todas as realizadas a fixos nacionais, asó como 550 minutos a móbiles (500 entre semana e 50 durante as fins de semana).

movistar fusion+ radio

Este servizo tamén inclúe televisión (con máis de 50 canles temáticas, CANAL+ e toda a TDT) e unha liña de móbil con chamadas nacionais (fixos e móbiles) e SMS ilimitados, así como 3 GB de navegación a máxima velocidade.

Todo este paquete (fixo, Internet fixa, TV e móbil) custa 65 €/mes, aínda que podemos engadir novas liñas de móbil para completar a oferta, o que variará o prezo final. Non ter permanencia e a instalación consiste nun router 3G para a conexión a Internet e o fixo e unha antena para a televisión. Pódese contratar desde esta ligazón.

Sobre o autor

Reply