Google habilita os códigos promocionais ás aplicacións da Play Store

Google vén de comezar a habilitar a función de códigos promocionais nas súas aplicacións, dando resposta así a unha histórica demanda das desenvolvedoras de aplicacións. Isto permítelles ás desenvolvedoras ofrecer ás usuarias aplicacións de pagamento ou que teñan compras integradas (moi habitual nos xogos) de xeito gratuíto, a través dun código promocional.

Malia todo, a lo menos ao comezo, este sistem contará cun límite de 500 códigos promocionais por trimestre e aplicación. Neste número calcúlase o total de códigos, é dicir, independentemente de que sexa pola aplicación en si ou por produtos de compra integrada nos mesmos.

Esta limitación débese a que así redúcense as posibilidades de que as desenvolvedoras poidan incrementar o número de descargas das súas aplicacións de pagamento sen que teña habido vendas reais, o que podería ser considerado un falseamento das cifras.

Máis información: Play Store.

Sobre o autor

Reply