Elephone lanza o Elephone P9000 Edge

Elephone vén de anunciar novo terminal, o Elephone P9000 Edge, un dispositivo que destaca pola súa pantalla de 5,5 polgadas (1920 x 1080 píxeles de resolución) sen marcos e cos laterais lixeiramente curvados, coma no Galaxy S6 Edge.

Botando un ollo ao resto de características atopámonos con que o procesdor é un MediaTek Helio P10, con oito núcleos e tecnoloxía de 64 bits, que ten unha moi boa xestión de enerxía. Ademais integra 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna.

elephone p9000 edge - 1

A cámara principal é de 21 megapíxeles, un sensor Sony IMX230 e enfoque láser, mentres que no caso da frontal temos un sensor de 8 megapíxeles. Pola súa banda, a batería ten unha capacidade de 3000 mAh con sistema de carga rápida, grazas á cal podemos ter o terminal totalmente cargado en 70 minutos.

Polo de agora non temos información sobre cando estará dispoñíbel nin a que prezo, que imaxinamos que será algo superior que os anteriores da firma debido á forma da súa pantalla. En calquera caso, será bastante máis económica que a opción de Samsung.

Sobre o autor

Reply