Whatsapp xa é gratis para todas

A semana comezou forte co anuncio que fixo esta mesma mañá Whatsapp. A app de mensaxería pasa a ser gratuita para todo o mundo, sen publicidade e para sempre. Debemos lembrar que a Whatsapp só era gratuito o primeiro ano e ao rematar este, tiñamos que pagar 0,89€ por 1 ano, 2,40€ por 3 anos ou 3,34€ por 5 anos.

Ademáis desta nova, o comunicado de Jan Koum (presidente da compañía) desvela a chegada de ferramentas profesionais que xa se están a probar para empresas e grazas a elas pretenden facer máis doada a comunicación entre empresa e cliente. Tamén houbo mención á preocupación da empresa por mellorar a seguridade das nosas comunicacións e están traballando para mellorala.

Agora ben, nós temos varias preguntas que aínda non teñen resposta:

  • Que vai pasar coas contas de empresa: poderán ser de pagamento?
  • As usuarias (imaxinamos que as menos) que pagaron unha suscripción a longo prazo para aforrar, van recibir algún reembolso pola parte proporcional desde que a app é de balde?

Sobre o autor

One Response

  1. Señor Paquito 19 Xaneiro, 2016 Responder

Reply