ZTE anuncia o ZTE Nubia My Prague

O fabricante chinés ZTE vén de anunciar o lanzamento do ZTE Nubia My Prague, un dispositivo de coidadísimo deseño e especificacións técnicas que o sitúan dentro da gama media.

zte nubia my prague - 5

A súa pantalla é un panel FullHD SuperAMOLED de 5,2 polgadas e unha densidade de 424 píxeles por polgada. No interior atopámonos un procesador de oito núcleos Qualcomm Snapdragon 615, con arquitectura de 64 bits, 2 / 3 GB de memoria RAM, 16 / 32 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, dual SIM e batería de 2200 mAh con sistema de carga rápida, que a priori semella un tanto escasa.

zte nubia my prague - 3

No apartado multimedia, a cámara principal é de 13 megapíxeles e a frontal de 8 megapíxeles, con apertura f/2.4 e diferente modos orientados a sacar mellores selfies. Vén con Android 5.1 Lollipop e a interface propia do fabricante, UI Nubia 3.0

zte nubia my prague - 2

O dispositivo comercialízase en tres versións: 2 GB de RAM e 16 GB de almacenaxe interna en gris ou en rosa e unha versión Élite, en cor ouro, que ten 3 GB de RAM e 32 GB de almacenaxe interno. Este último xa se pode mercar no noso país por 366 €.

Sobre o autor

Reply