Orange facilita a consulta da factura coa nova Factura Interactiva

Entender as facturas dos servizos de telefonía e Internet foi de sempre tarefa complicada, xa que había discrepancias dos prezos con e sen IVE, cargos que non se anunciaban e logo aplicaban, promocións diversas, financiamento de terminais… por sorte nos últimos anos fóronse aclarando as cifras e facendo facturas máis sinxelas, entendíbeis pola práctica totalidade das usuarias a pouco que se lles preste algo de atención.

Orange quere ir un paso máis aló e vén de pór en marcha a nova factura interactiva, un servizo que se pode consultar tanto desde a aplicación Mi Orange como desde a Área de Clientes, sen necesidade de ter que facer descargas de PDF ou agardar a que cheguen en papel. Malia todo, non a vén sustituír, senón que se trata dun complemento.

Como se pode ver no vídeo anterior, a factura interactiva ten diversas vantaxes, a primeira a comodidade, xa que a información se adapta ás pantallas dos móbiles, axustándose ao tamaño. Mais se cadra o máis relevante é o acceso á información ampliada dos consumos e os detalles separados por líneas, o que permite ás usuarias identificar todos os gastos rapidamente.

Sobre o autor

Reply