Así podemos adaptar un smartphone para persoas maiores

A moitas persoas maiores cústalles adaptarse aos cambios tecnolóxicos. É por iso que moitas delas, xente que se acostumou a usar un teléfono móbil con teclado, atopa moitas dificultades cando se ve na obriga ou necesidade de mudar a un smartphone, podendo resultarlle menos natural. Outras moitas queren ter algunha das características dos teléfonos intelixentes, como a cámara e as apps de mensaxería, pero tampouco precisan moito máis.

Por esta razón, hoxe queremos compartir con vós algunhas aplicacións que modifican o launcher predeterminado por outro que principalmente agranda e simplifica os smartphone:

Necta Launcher

Esta é a primeira opción que vos queremos presentar que aporta grandes botóns, teclas para chamadas rápidas a persoas importantes, app de cámara e galería redeseñadas,.. entre outras moitas que nos han facilitar o día a día.

necta 01

necta 02

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nas capturas podédesvos facer unha idea do que vos atoparedes se pensades en probar esta aplicación e podedes descargala de balde nesta ligazón.

Large Launcher Senior Phone

Large Launcher é a segunda opción que vos queremos suxerir hoxe. Nesta app podemos destacar una nova organización das aplicacións que facilita o acceso, ademáis é como constante neste tipo de aplicacións a letra e iconas máis grandes, e o envío dun SOS en caso de que as usuarias pasen dificultades.

large launcher 01

large launcher 02

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se pola contra pensades que esta aplicación pode cubrir mellor as vosas necesidades, podedes descargar Large Launcher Senior Phone, nesta ligazón.

Deixa un Comentario