.Tuenti repite promoción: duplica os gigas e minutos coa tarifa de 7€/mes

.Tuenti, a marca de baixo custe de Movistar, puxo en marcha durante o Nadal unha promoción consistente en dobrar o número de GB e minutos incluídos na súa tarifa máis económica para as novas clientas.

Pasadas esas datas, a compañía volve pór en marcha a promoción, polo que as persoas que contraten desde hoxe e até o 29 de febreiro disfrutarán durante 6 meses de 100 minutos de VozDigital e 2 GB de datos por 7 €/mes. Logo dese período promocional, polos mesmos 7 €/mes volverán a disfrutar da metade: 1 GB e 50 minutos, respectivamente.

Para poder beneficiarse desta promo hai que portar o número desde outro operador e vale tanto para prepago como contrato, e non ten ningún compromiso de permanencia.

Sobre o autor

Reply