LG patenta unha pantalla que rodea o smartphone

Nos últimos 3 anos LG soubo manterse entre as marcas máis innovadoras da telefonía móbil, presentando terminais con características especiais, como a serie Flex coa súa pantalla curvada e flexíbel ou deseños arriscados que desterraron os botóns á parte traseira dos trebellos.

A compañía surcoreana vén de rexistrar na oficina de patentes dos Estados Unidos un novo concepto de dispositivo que chama a atención pola súa pantalla, que deixa a idea de panel flexíbel no pasado.

lg patente pantalla completa - 2

Esta pantalla envolvería todo o smartphone, cubrindo xa non só os laterais (como o Galaxy S6 Edge de Samsung), senón que tamén estaría presente na parte traseira.

lg patente pantalla completa - 3

Polo de agora isto non deixa de ser unha curiosidade, pero tamén nos serve para abrir os ollos de cara a imaxinar un futuro que nos pode deparar cousas ben curiosas. Imaxinades levar no peto un trebello destas características?

Deixa un Comentario