Mininovas Android: a malla da semana

Samsung amañou os problemas do S-Pen

Lembrades que no Note 5 se metiamos o S-Pen ao revés podiamos romper o sensor dixital? Pos ben, por fin Samsung amañou este problema dun xeito definitivo cambiando o deseño nunha nova remesa terminais. O cambio podédelo ver na seguinte imaxe:

note 5 problema spen

Iso si, as que teñades un modelo anterior debedes seguir tendo coidado.

HTC fabricará novos Nexus no 2016?

Nexus-Logo-700x400

Esta semana o portal chinés Weibo apuntou a que HTC comezou conversas con Google para facerse cargo da fabricación dos vindeiros teminais de Google que adoitan presentar no derradeiro trimestre do ano. Tamén se dixo que poderían ser dous terminais de 5 e 5.5″.

A fonte deixaba certas dúbidas, pero pasados un par de días, LlabTooFer que é un dos máis reputados filtradores da marca, compartiu en Twitter os códigos dos novos Nexus para 2016, “confirmando” que será HTC o fabricante.

Polo de agora, aínda é cedo para unha comunicación de HTC ou Google, pero todo apunta que será a compañía taiwanesa a que fabricará os novos terminais de Google.

Xa podemos instalar apps directamente desde Google

google install apps

Android xa permite instalar apps desde o buscador sen ter que entrar na Play Store, co que se fai máis doado instalar aplicacións nos nosos terminais. Polo de agora, esta funcionalidade non está aberta a todas, polo que nalgúns casos haberá que agardar un pouco.

Grazas a esta novidade é máis doado, ter o noso termininal ao día, ao tempo que diminúe a dependencia directa da tenda de Google.

Xa temos confirmación do fin da data de caducidade de Whatsapp

Esta semana falamos sobre o anuncio que fixo Jan Koum, o presidente de Whatsapp, co que se poñía fin ao pago por empregar a súa aplicaión, pasando a ser de balde e sen restriccións para todas. Pois ben, pouco tempo despois do anuncio, nunha das nosas liñas, recibimos unha notificación que confirmaba esta nova e consultando nas condicións da nosa conta, podemos ver o seguinte:

whatsapp data caducidade

Se vos aínda non recibistes a confirmación, tranquilas, só é cuestión de tempo.

Renóvase a tarxata do tempo de Google Now

Google-Now-Nuevas-tarjetas-Tiempo

Esta semana soubemos da actualización no deseño da tarxeta do tempo de Google Now, e agora e como vedes na imaxe, ten un deseño moito máis bonito ademáis de contar con moita información de interese. Este redeseño chegará aos nosos terminais de xeito escalonado.

O Banco de Bogotá dalle un uso moi particular aos DMs de Twitter

bogota saldo cuenta twitter

Se sodes clientas deste banco colombiano (nunca se sabe quen nos le 😉 ) tedes a opción de saber o saldo da vosa conta bancaria tan só cunha mensaxe directa de Twitter.

Despois da activación do servizo, chega con escribir nun DM o hashtag #SaldoAHO as usuarias recibirán os saldos das súas contas e mesmo certificados tributarios. Sen dúbida, un novo exemplo doutro uso, non tan habitual para as redes sociais.

Sobre o autor

Reply