Google elimina as redes sociais de Google Glass

Malia que hai poucas semanas filtrouse o novo deseño das Google Glass, o certo é que os ruxe ruxe arredor do arquivo deste proxecto non cesan, e Google non fai máis ca alimentar esta teima.

O último movemento do buscador é ben curioso, pois veñen de pechar as contas que tiñan nas diferentes redes sociais. No caso de Twitter e Instagram, as contas desapareceron sen previo aviso, mentres que no Google+ deixaron un micropost que soa a despedida final.

Descoñecemos as razóns que levaron a Google a tomar esta decisión, mais estas formas deixan abertas moitas especulacións: fin do proxecto? leas de patentes?

 

Deixa un Comentario