O Xiaomi Mi5 presentarase o 24 de febreiro

Pouco a pouco vanse confirmando presentacións que terán lugar nas datas nas que se celebra o Mobile World Congress de Barcelona. Separándose da gran presentación de LG prevista para o domingo 21 (día no que tamén se espera evento de Samsung), o mércores 24, coñeceremos o novo buque insignia de Xiaomi, o Xiaomi Mi5.

Son moitos os rumores e filtracións que se levan feito sobre este terminal. As especificacións que se manexan son as que seguen:

  • Pantalla LCD IPS de 5.3 polgadas QHD (1440 x 2560 píxeles, 554 ppp).
  • Procesdor Snapdragon 820 de catro núcleos a 2,2 GHz.
  • 3 / 4 GB de RAM
  • 16 /  GB de memoria interna
  • Cámara principal de 16 Mpx con estabilizador de imaxe e flash dual
  • Cámara frontal de 6 Mpx.
  • Sensor de pegadas dixitais.
  • USB Type C.
  • 3030 mAh de batería.
  • Android 6.0 Marshmallow

Malia todo, pola organización do evento semella que haberá sorpresas. E é que a cita terá unha duración de aproximadamente dúas horas, o que deixa a porta aberta a outros dispositivos, que podería ser unha versión “mini” ou “plus”, algún novo wearable ou o novo ultra portátil no que a compañía está a traballar.

En algo menos dun mes sairemos de dúbidas. Vós que pensades?

Sobre o autor

Reply