ZTE lanzará o ZTE Axon Mini (Premium Edition) no noso país

O fabricante chinés ZTE anunciou onte que o seu smartphone ZTE Axun Mini (Premium Edition) chega ao noso país, estando dispoñíbel para a súa compra a partir do próximo 16 de febreiro por 389 €.

O dispositivo destaca por incorporar cualidades de gama alta, xa non só polos materiais de fabricación premium, senón tamén por características diferenciadoras, entre as que destacan a súa pantalla sensíbel a diferentes níveis de presión ou o son Hi-Fi de alta definición.

image002

Dispón dunha pantalla de 5,3 polgadas AMOLED FHD, cunha resolución de 1920 x 1080 píxeles, lixeiramente curvada e cunha densidade de 423 ppp. No seu interior integra un procesador Qualcomm Snapdragon 616, de oito núcleos a 1,5 GHz, 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, que poden ampliarse mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

A cámara principal é de 13 megapíxeless con flash LED, mentres que na frontal atopamos un sensor de 8 megapíxeles con apertura f/2.2. Por outra banda, no apartado de son destaca a presenza dun micrófono dual que ten como obxectivo reducir o ruído e un chip de audio AKM4961 Hi-Fi que mellora sustancialmente a calidade.

Dispón ademais de conectividade 4G, sensor de pegadas dixitais e lector biométrico, polo que poderemos desbloquear o terminal a través do iris do noso ollo.

En definitiva, trátase dun dispositivo cunhas prestacións moi interesantes e un prezo que, malia ser elevado, é bastante acorde ás súas especificacións. Que vos parece?

 

Sobre o autor

One Response

  1. eusi 27 Xaneiro, 2016 Responder

Reply