Vodafone duplica promocionalmente os GB das tarifas prepago

Vodafone vén de anunciar unha promoción para as clientas das tarifas de cartón prepago Vodafone Yu, Vodafone Internacional Smartphone e Vodafone in Spain. Deste modo, quenes renoven a conta entre o 27 de xaneiro e o 31 de marzo disfrutarán do dobre de GBs sen ningún custe adicional, e poderán renovala tantas veces como queiran.

Deste modo, por exemplo un cliente co plan Megayuser terá 4 GB en lugar dos 2 habituais, mentres que un Superyuser terá 3 GB no canto de 1,5 GB. Ademais, as tarifas Vodafone Yu inclúen as chamadas gratis a outras clientas de Vodafone Yu, así como minutos a outros operadores durante as 24 horas, tal e como se explica na seguinte táboa

 
>YUSER<
 
>SUPERYUSER<
 
>MEGAYUSER<
Cota10€15€20€
Datos1GB/ 2GB1,5GB/3GB2GB/4GB
Chamadas a todos20 min.50 min.100 min.
Chamadas entre VF YuGratisGratisGratis

Quen teña a tarifa Vodafone Internacional Smartphone pasará a ter 3 GB (en lugar de 1,5 GB), con 60 minutos para chamadas nacionais e internacionais mantendo a cota de 15 euros.

A promoción pódese contratar desde hoxe até o 31 de marzo, e é válida tanto para clientas actuais como novas altas.

Deixa un Comentario