Opel OnStar: coches con WiFi e moito máis

Desde hai un par de semanas circula pola tele e pola rede o spot do novo Opel Astra, un anuncio que está a dar moito que falar por unha das prestacións desta nova versión do popular modelo: a WiFi. Efectivamente, o novo Opela Astra trae WiFi.

A Internet das Cousas, moi ligada ao 5G, conectará todo á rede, comunicándose diferentes dispositivos e aparellos para mellorar a nosa vida no día a día. No caso dos vehículos, desde hai algún tempo temos no mercado os primeiros coches conectados, aínda que ben é certo que até o de agora era unha característica reservada ás gamas altas.

O novo Opel Corsa dá unha pasiño máis na democratización dos vehículos conectados, integrando unha conexión móbil 4G/LTE que permite xerar un punto de acceso WiFi ao que poderemos conectar até 7 dispositivos a un tempo. Forma parte do que denominan Opel OnStar, un paquete de servizos de valor engadido gratuíto durante os primeiros 12 meses.

Opel OnStar: máis aló do WiFi

Pero a conectividade que facilita Opel OnStar vai máis aló de termos unha rede WiFi á que poder conectar aparellos, pois tamén serve para solicitar un chequeo remoto do noso vehículo. É dicir, pedindo esta revisión o coche enviará aos talleres de Opel datos que unha técnica analizará para dicirnos se todo está correcto ou se debemos pasar polo taller facer algunha revisión mecánica. Adicionalmente podemos programar o sistema para recibir un correo electrónico ao mes co resumo do estado do noso coche. Interesante, non?

Outra das características de Opel OnStar ten que ver coa asistencia en estrada, tanto se temos unha avaría como en caso de accidente, conectándonos cos equipos de emerxencia para poder pedir axuda. Así mesmo, tamén podemos programar as rutas desde unha app no noso móbil e que nos aparezan directamente no navegador do coche, axilizando así o proceso de busca.

Na seguinte infografía podedes ver un pouco máis polo miúdo todas as características de Opel OnStar, e nesta ligazón tedes máis información sobre os servizos concretos e os vehículos Opel nos que está dispoñíbel. Que vos parece?

infografia opel onstar

Deixa un Comentario