Yoigo prorroga a SinFín e anuncia que poxará por frecuencias en 2,6 e 3,5 GHz

Yoigo deu conta esta mañá dos seus resultados, que por primeira vez son positivos tras ter aumentado as súas vendas netas un 5% e o EBITDA nun 12%. Tamén medran en usuarias do sector postpago, que xa representan o 67% do total da súa base de clientas.

A compañía relaciona estes bos resultados coa súa aposta polos datos móbiles, coas tarifas con 5 GB por 19 € e 20 GB por 29 €, as máis competitivas do mercado para as usuarias con maiores necesidades de Internet. Aproveitando a ocasión, Yoigo anunciou que prorrogará unha vez máis a posibilidade de contratar a Tarifa Sinfín (20 GB + chamadas ilimitadas por 29 €/mes), aumentándoa até o 29 de febreiro.

Do mesmo xeito, a filial de Telia Sonera tamén confirmou a súa intención de participar na próxima subasta de espectro de 2,6 e 3,5 GHz, que se abrirá o vindeiro 1 de febreiro. As frecuencias de 2,6 GHz empréganse para o 4G, aínda que non son as mellores pola alta inversión que precisan para ser unha alternativa, feito polo que algúns operadores que teñen licenza neste espectro non as usan (sirva de exemplo R).

Porén, a frecuencia de 3,5 GHz non se emprega en telefonía móbil, polo que todo apunta a que en Yoigo traman algo, seguramente orientado a sustituír as conexións fixas. Quizais no MWC avancen algo de que será o que teñen entre mans. Vós que pensades?

Sobre o autor

Reply