Mininovas Android: a malla da semana

Google baixa de novo o prezo dos Nexus

nexus 2015

Até o 12 de febreiro podedes atopar rebaixados tanto o Nexus 5X coma o 6P. Até esa data podedes atopar o 5X a un prezo de 349€ para o modelo de 16 GB e 399€ polo modelo de 32 GB. Pola súa banda, o 6P de 32 GB pasa a custar 549€ e o de 128 GB custará 699€.

A rabaixa supón un aforro de entre 80 e 100€ segundo o terminal elixido.

Chega Hangouts 7.0 cargada de novidades

google hangouts

Nunha recente actualización desta aplicación, Google vén de engadir as seguintes novidades:

  • Respostas rápidas: premendo na notificación poderemos responder dun xeito moito máis rápido sen ter que abrir a app.
  • Acceso directo a contactos: se temos algún contacto co que falamos a miúdo, podemos por un acceso directo no escritorio, o que nos facilitará comezar unha conversa con este contacto.
  • Pequenos cambios de deseño.

Por fin Samsung di cando vai actualizar os seus terminais

Android Marshmallow 01

Estas son as datas de actualización a Marshmallow para os mellores terminais de Samsung:

  • Galaxy Note 5: Febreiro 2016
  • Galaxy S6 edge+: Febreiro 2016
  • Galaxy S6: Febreiro / Marzo 2016
  • Galaxy S6 edge: Febreiro / Marzo 2016
  • Galaxy S5: Marzo/ Abril 2016
  • Galaxy Note 4: Marzo / Abril 2016
  • Galaxy Note Edge: Marzo / Abril 2016

Se tedes algún destes terminais, estades de noraboa 😉

OPPO confirma un evento para o 23 de febreiro

oppo-logo-630x402

OPPO confirmou que durante o Mobile World Congress teremos un evento no que presentará importantes novidades en canto á duracion da batería e no apartado fotográfico.

Como cada ano, estaremos presentes na feira máis importante de telefonía móbil polo que habemos comentarvos de primeira man estas e outrs novidades que acontezan durante esa semana.

Dropbox xa permite abrir cartafoles para colaboradores externos ás empresas

Dropbox

As pequenas empresas que empregaban de xeito habitual Dropbox para compartir documentación, xa poden crear cartafoles e compartilos con colaboradores externos á empresa, é dicir, desde agora os proveedores por exemplo, poderán acceder a un cartafol creado pola empresa para subir ou consultar documentación.

Esta era unha antiga demanda das empresas que lles facilita moito o día a día, e que por sorte foi escoitada por Dropbox.

VirusTotal detecta malware no firmware

virustotal logo

VirusTotal foi o antivirus que mercou Google aló polo 2012 e vén de anunciar que é quen de atopar malware no firmware pois segundo din, poden extraer certificados adxuntos ao firmware para ver se aloxan outro tipo de arquivos executables e se os atopa poden escanealos e ver se hai algo de interese ou non.

Sen dúbida é un paso importante para poder limpar as nosas equipas de arquivos espía non desexados, aínda que polo de agora non é un traballo que podan facer todas as usuarias.

Deixa un Comentario