Entroido Verin, a app para seguir as festas desta vila ourensá

As datas importantes do Entroido estanse a achegar, mais en moitas vilas do país xa se comezou a celebrar, polo que pensamos que é o momento de achegarvos unha app para seguir de primeira man o Entroido de Verín, un dos de máis sona do país. Esta ferramenta chámse Entroido Verin

A aplicación consta de tres partes ben diferenciadas:

  • Axenda

entroido verin 02

Neste apartado atoparemos os días grandes da festa e unha pequena historia do que acontece ese día, acompañada dunha foto representativa.

  • Entroido

entroido verin 03

Neste punto atapamos información da figura do Cigarrón e a súa historia, ademáis de información puramente turística, como poden ser as zonas de bares, o cartaz das festas e mesmo as orquestras que poderemos ver estes días.

  • Social

entroido verin 01

Neste apartado atoparemos integrados os tweets escritos co hashtag #entroidoVerin, podendo ver todas as mensaxes das usuarias que se producen estes días. Mesmo temos unha ligazón á nosa conta de Twitter pola que podemos deixar tweets xa con ese hashtag sen ter que escribilo.

Só botamos en falta unha cousa, a posibilidade de ter a aplicación en galego. E como ademáis é unha ferramenta para dar a coñecer a festa que conta coa colaboración do Concello non estaría de máis que tamén se puidese traducir a outras linguas ademais da nosa, como o inglés.

Máis aló desta última consideración, é unha aplicación que axuda moito ás visitantes a seguir a axenda destes días en Verín, e se queredes descargala esta é a ligazón á Play Store onde a podedes conseguir de balde.

Sobre o autor

Reply