Samsung podería presentar a cámara Gear 360 xunto o Galaxy S7

En 19 días terá lugar o primeiro Samsung Unpacked do ano, un evento no que poderemos coñecer os novos Samsung Galaxy S7 e Galaxy S7 Edge, dos que xa sabemos practicamente todo, pero tamén se falará doutras moitas cousas, entre elas a realidade virtual.

Durante o 2014, pero sobre todo no 2015, o fabricante surcoreano deu os primeiros pasiños cos lentes Gear VR, adaptábeis aos diferentes smartphones de gama alta da compañía para poder crear experiencias virtuais. Porén, este ano semella que irán un paso máis aló co lanzamento da Gear 360, unha cámara que nos permitirá gravar en 360 grados para crear contido que poder, posteriormente, disfrutar nas Gear VR.

samsung gear 360 - 2

Nesta cámara levan traballando xa bo cacho a través do Project Beyond, do que nos falaron no 2014. Porén, semella que agora todo isto está listo para ser un produto final e comercial.

Fálase que esta cámara terá unha resolución de 35 megapíxeles (3840 x 1920 píxeles) ao gravar empregando a dobre lente (ollo de peixe) ou de 1920 x 1920 ao empregarmos un único lente. Pouco máis se sabe sobre as súas posíbeis especificacións, polas que teremos que agardar uns días para desvelar.

Que esperades vós da realidade virtual?

Sobre o autor

Reply