Microsoft farase co teclado Swiftkey por 250 millóns de dólares

250 millóns de dólares. Esta é a cantidade aproximada que Microsoft vai soltar para facerse con Swiftkey, a compañía que está detrás dun dos teclados máis populares en Android. A información desvélaa o Financial Times, medio que asegura que a operación confirmarase ao longo desta mesma semana.

Swiftkey é a terceira cuarta gran aplicación Android que merca Microsoft, tras Wunderlist, Sunrise Calendar e Acompli (hoxe Outlook, como ben nos comentou Diego por Twitter). Grazas a estes pequenos movementos a compañía estase a facer cun importante pack de ferramentas para a produtividade.

Segundo indican desde o FT, a meirande parte das preto de 150 persoas empregadas por Swiftkey nas súas oficinas de Londres, San Francisco e Seúl uniranse ao equipo de Microsoft Research, onde traballarán baixo as ordes de Harry Shum.

Sobre o autor

Reply