Un enxeñeiro de Google crea un espello intelixente

Cando falamos da Internet das Cousas (IoT) adoitamos simplificar o tema dicindo que podemos conectar practicamente todos os obxectos cotiás á Internet. Iso debeu pensar Max Braun, un enxeñeiro de software en Google que decidiu crear no seu tempo de lecer un espello intelixente.

O invento é un espello convencional adaptado para funcionar con Android e poder amosar información de xeito semellante a como funcionan as tarxetas de Google Now. Así, ao tempo que nos barbeamos, peiteamos ou lavamos os dentes podemos ver a previsión meteorolóxica, titulares das últimas novas ou a nosa axenda.

espello intelixente - 1

O creador explica no seu Medium como fixo isto este prototipo que pode abrir a porta a futuros traballos semellantes e xa con vocación comerciais. Neste caso, a pantalla é duns 2 mm de grosor, e está insertada entre os dous cristais do espello. Interiormente, a cacharrada que o conforma pode verse na seguinte imaxe.

espello intelixente - 3

No que ten a ver co software, di que non lle deu moito traballo (apenas 200 liñas de código), xa que todo vén dado polas APIs de Google (aínda que habería que ver canto hai de modestia 😉 ). En calquera caso, o trebello é bastante molón, non vos parece?

Sobre o autor

Reply