Google pechará My Tracks o 30 de abril, pero podes gardar os datos

Cando merquei no estraperlo portugués o Nexus One (hai xa unha boa chea de anos) lembro que unha das primeiras aplicacións que instalei foi My Tracks. Por aquel entón non estaban de moda as apps de gravación de rutas, polo que lembro terme marabillado con aquela.

A aplicación foi quedando no esquecemento, e agora sabemos que pechará o 30 de abril deste ano. Non é algo que nos sorprenda, ao fin e ao cabo era previsibel dado que todos os esforzos neste senso centráronse en Google Fit, moito máis flexíbel, xeitosa e doada de usar.

Para todas aquelas persoas que quieran conservar os datos das súas rutas gravadas con My Track, Google permitirá exportar os datos até o 5 de abril a Google Drive. Isto faise directamente desde o menú, e as rutas quedarán gardadas en formato KML/KMZ dentro dun cartafol chamado My Tracks.

Logo do 5 de abril só poderemos gardar as rutas en almacenamentos externos a través da opción “exportar todo”. Neste caso teremos opción de elixir o formato entre KML, GPX, CSV ou TCX. Feito isto poderemos subir as nosas rutas a outros servizos para que non fiquen no esquecemento.

Vós tamén usábades esta ferramenta?

Sobre o autor

One Response

  1. Javi 4 Febreiro, 2016 Responder

Reply