Pegasus 5000, o novo smartphone de Asus

Asus ten novo terminal. Falamos do Asus Pegasus 5000, un dispositivo que foi anunciado sen moito rebumbio na China e que destaca por incorporar unha tapa traseira antirabuñadas e ser repelente ao pó.

asus pegasus 5000

Incorpora unha pantalla FullHD de 5,5 polgadas, e no seu interior integra un procesador Octa-Core fabricado por MediaTek (modelo 6753), que vén acompñado por 2 ou 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD.

A cámara principal é de 13 megapíxeles, con flash LED, e a frontal de 5 Mpx. A batería sitúase nuns destacábeis 4850 mAh, ten dobre tarxeta SIM e vén con Android 5.1 Lollipop.

Polo de agora véndese unicamente na China, en branco e dourado, por uns 180 € ao cambio a versión con 2 GB de memoria RAM e por uns 250 € a de 3 GB.

Deixa un Comentario