Google declara a guerra aos botóns de falsas descargas

De seguro que algunha vez, querendo descargar algo nunha páxina chea de anuncios, fixeches clic nun “descarga” ou “download” que non iniciaba tal descarga, senón que abría novas publicidades ou instalaba algún tipo de malware. Pois ben, estes botóns e outras suplantacións de produtos de confianza que levan ás usuarias ao engano poden ter os días contado, xa que Google propúxose loitar contra eles.

Será a través da ferramenta de protección Safe Browsing, que agora será moito máis eficaz ante estes ataques da chamada enxeñaría social. No mesmo saco entrarán tamén os contidos que animen ás usuarias a realizar algunha acción tras gañar a súa confianza, como poderían ser os anuncios que piden o número de teléfono para completar algo e que, na práctica, acaba suscribíndoas a servizos de SMS premium.

Conseguiremos nalgún momento acabar con estas malas prácticas?

Sobre o autor

Reply