Consigue 2 GB en Google Drive co gallo do Día da Internet Segura

Para celebrar o Día da Internet Segura que se celebra hoxe Google agasalla ás usuarias con 2 GB en Google Drive por facer unha comprobación das opcións de seguridade que teñen implementadas nas súas contas, algo que non leva máis de 2 minutos.

Para facelo é preciso entrar nesta ligazón, iniciando sesión co contrasinal de Google, e seguir os pasos para completar a comprobación de seguridade.

O bo desta promoción, a diferenza de moitas outras, é que estes 2 GB extra son vitalicios e non desaparecerán ao cabo de varios meses, a diferenza dos GB estra que nos ofrecen por ter certos dispositivos, como os Chromebooks. Ah! E tamén se suman aos 2 GB que deron o ano pasado por facer o mesmo.

About The Author

2 Comments

  1. carlos 9 Febreiro, 2016 Responder
  2. Alberto 10 Febreiro, 2016 Responder

Reply