O Honor 5X xa está á venda por 229 €

Logo de ter sido presentado no CES 2016, o Honor 5X chega ao mercado europeo por 229 €, puidéndose mercar tanto a través da tenda da compañía (vMall) como en diferentes cadeas, entre elas PC Componentes, Redcoon, Maxmovil, Carrefour online, Worten online e MediaMarkt.

O dispositivo de acabados metálicos integra unha pantalla tipo LCD de 5,5 polgadas, con resolución 1920 x 1080 píxeles. No seu interior leva un procesador Snapdragon 615 (oito núcleos a 1,5 GHz), 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB extra.

Completan as súas especificacións unha cámara principal de 13 megapíxeles con apertura focal f/2.0 e unha frontal de 5 megapíxeles, con apertura f/2.4. Ademais vén cunha batería de 3000 mAh, NFC, lector de pegadas dixitais e é compatíbel coas redes 4G – LTE.

Trátase en definitiva dunha boa alternativa de gama media, orientado especialmente a un público novo e conectado. Que vos parece?

No Responses

Deixa un Comentario