Mastúrbate e salva ás baleas

Non é a primeira vez que falamos de Pornhub no blog. A popular páxina de contidos eróticos porno volve sorprendernos cunha desas ideas que nos deixan perplexos. Desta vez non se trata dunha pulseira coa que cargar os nosos trebellos ao tempo que axitamos a nosa man con fins lúdicos, senón dunha campaña solidaria a favor das baleas.

Das baleas? Si, líchedes ben. Resulta que o 13 de febreiro celébrase o Día Mundial das Baleas, unha data fixada para celebrar a prohibición da caza destes animais. Pois ben, Pornhub propúxose doar 1 céntimo por cada 2000 vídeos vistos á ONG Moclips Cetological Society, que se adica á protección de todo tipo de baleas (e non só as sperm whales) en todos os mares do Planeta.

A campaña está activa desde o día 8, e durará até o 29 de febreiro, polo que hai tempo para colaborar. Ademais contabilízanse todas as visualizacións dos vídeos, tanto os que se fan desde a web de escritorio como desde os trebellos, como os nosos móbiles Android, sen que haxa que facer nada especial.

A que esperades para participar?

Sobre o autor

Reply