StreetView en 360º para os lentes Gear VR de Samsung

Desde hai anos Google permítenos viaxar a ducias de milleiros de lugares do mundo a través de Google Street View, o servizo que complementa Google Maps. Por outra banda, Samsung fixo nos últimos tempos importantes avances na realidade virtual coas Gear VR, un accesorio que xunto o noso smartphone permítenos sumerxirnos nunha experiencia única.

A unión destes dous elementos é StreetView VR, un servizo que nos permite empregar os Samsung Gear VR para disfrutar de Street View en todo o seu esplendor.

street view vr - 2

Entre as utilidades desta ferramenta están a posibilidade de extraer datos adicionais da Wikipedia sobre os lugares que estamos a visitar, algo que nos pode resultar de gran utilidade, como tamén un chat múltiple por se decidimos viaxar en grupo con outras usuarias.

Para manexalo a ferramenta permite empregar comandos de voz ou un teclado virtual como o que se pode ver na imaxe anterior, opción que preferirán todas aquelas que aínda se sinten incómodas falándolle ás máquinas.

Deixa un Comentario