Facebook atopa moitas trabas para lanzar o seu servizo de Internet gratuíto

As cifras de uso de Facebook, Messenger, WhatsApp e Instagram están a darlle moitas alegrías a Mark Zuckerberg nas últimas semanas. Pola contra, o seu proxecto de Internet gratuíto Internet.org está a ser un verdadeiro quebradeiro de cabeza.

Internet.org naceu co fermoso obxectivo de levar acceso á rede a países en vías de desenvolvemento e lugares remotos. Pero obviamente, a idílica idea tiña letra pequena, xa que o seu uso está limitado a catro cousas que permiten desde Facebook (acceso a Facebook, Wikipedia, BBC…)

O último país en frear as intencións do creador de Facebook é a India. Aló as autoridades queren que se garanta a neutralidade da rede e, polo tanto, que non haxa servizos web preferentes e o acceso sexa en igualdade de condicións. Isto choca frontalmente coas aspiracións de Zuck, polo que de momento o proxecto queda paralizado.

Nesta ligazón podedes ler o documento que pon freo ao proxecto.

Sobre o autor

Reply