Mininovas Android: a malla da semana

Simyo acada as 700.000 clientas

A operadora low cost Simyo, desde hai un tempo controlada por Orange, vén de acadar as 700.000 clientas, logo de experimentar un crecemento de aproximadamente 200.000 novas altas nun só ano.

Parte deste éxito atopámolo nunha campaña de captación que recompensa ás clientas que consiguen novas altas, así como tamén nas posibilidades que ofrece á hora de crear unha tarifa totalmente personalizada, tanto en cantidade de datos como en minutos.

Masmóvil xa se pode contratar por Amazon

amazon masmovil

Cando contratamos produtos de telefonía móbil o máis habitual é que nos dirixamos ben á tenda física, ben directamente á web da compañía coa que queremos contratar o servizo. Masmóvil vén de iniciar unha nova estratexia, e xa permite contratar as súas tarifas a través de Amazon.

Orange e Jazztel xa son unha única compañía

Xa pasou tempo desde que Orange anunciou que mercaba Jazztel. Porén, non estaba todo pechado, pois faltaba a aprobación por parte do regulador e do propio accionariado da compañía mercada. Con isto listo, ambas compañías xa son unha e, fiscalmente, actúan como tal. Porén, polo de agora está previsto manter ambas marcas, aínda que entendemos que será cuestión de tempo que isto deixe de ser así, como pasou con Vodafone e Ono.

Pecha Simly, o operador de Media Markt

simly

O operador virtual Simly, impulsado pola cadea Media Markt, súmase á crecente listaxe de OMVs en desaparecer. A súa proposta de plans de datos para consumir en diferentes países non era mala, aínda que certamente máis cara que os plans de aforro que están a implantar as grandes compañías, que ao ser internacionais poden facer ofertas máis agresivas neste senso.

Xa se venden máis terminais libre que a través de operadoras

A venta de terminais no mercado libre durente o pasado 2015 supuxo o 55% do total. Este dato é a primeira vez que se produce na curta historia da telefonía móbil, e ven de producirse grazas en parte á retirada das subvencións que facían as operadoras, polo que xa non resulta atractiva compra dun terminal.

Sen dúbida isto supón un cambio nos hábitos das consumidoras que suporá un beneficio, pois canto máis vendedores no mercado, máis posibilidades de atopar algunha oferta que nos permita aforrar uns euros.

Lenovo actualiza o Moto G de terceira xeneración

Moto G 2015 frontal

Esta semana anunciuse a chegada ao noso país da actualización a Marshmallow para os Moto G do 2015 lista para a descarga. Esta actualización chega a estes terminais para ademáis de recibir as últimas novidades de software, mellorar o rendemento e a autonomía.

Se tedes unha destas novidades, estade atentos que se aínda non os chegou de seguro que non vai tardar.

Deixa un Comentario