R prepara novas subas en móbil e unha nova tarifa con 3 GB de datos por 16 €

Logo dun 2015 no que a compañía galega R subiu os prezos en todos os seus servizos, o 2016 arranca con novas subas, que afectarán ás dúas tarifas planas máis económicas, a plana 12 e a plana 20.

A actual tarifa plana 12 (150 minutos + 1 GB por 12 €) pasará a ser a tarifa plana 13, costando 13 € nos que se inclúen os mesmos 150 minutos de voz e 1,5 GB de datos (500 MB máis ca actualmente). Algo semellante ocorre coa actual plana 20 (chamadas ilimitadas + 1,5 GB de datos por 20 €), que se transformará na plana 22, incluíndo chamadas ilimitadas e 3 GB de datos (1,5 GB máis).

Por outra banda, tamén se lanzará a Tarifa 16, que por 16 €/mes ofrecerá 3 GB de datos e chamadas a 0 cént/min, iso si, pagando o establecemento de chamada a 16 céntimos.

Segundo as nosas fontes, R estaría a barallar anunciar as novas tarifas a finais de mes ou comezos de marzo, estando previsto que se comecen a aplicar no ciclo que comeza o 20 de marzo ou o 20 de abril.

4 Comentarios

  1. Xuncos 13 Febreiro, 2016 Responder
    • Iago Varela Martínez 13 Febreiro, 2016 Responder
      • Xuncos 22 Febreiro, 2016 Responder
  2. Saul Berenson 14 Febreiro, 2016 Responder

Deixa un Comentario