Orange supera a barreira dos 500 Mbps en 4G

A operadora Orange vén de superar nunhas probas recentes a barreira dos 500 Mbps empregando unha conexión de datos móbiles. Este fito tivo lugar nos Orange Labs, un centro de I+D+i que a compañía laranxa ten na cidade de Barcelona.

Para conseguir esta taxa de transferencia agregaron 3 sinais de radio nas bandas dos 800, 1800 e 2600 MHz, e utilizaron unha modulación 256QAM sobre equipos da marca Eircsson. Isto supón ir un paso máis aló do 4G+ actual, que adoita agregar unicamente 2 portadoras 4G.

Polo de agora faranse probas nas cidades de Madrid e Barcelona, aínda que se todo vai ben seguramente iremos vendo como se amplía a novas zonas.

Vía

Deixa un Comentario