Samsung actualiza os Galaxy S6 a Marshmallow, con novas funcións Edge

Pasaron moitos meses desde que Google anunciou a nova versión de Android, 6.0 Marshmallow, seguramente a que máis está tardando en chegar aos terminais de marcas non-Nexus. Agora, por fin, os Samsung Galaxy S6 e Galaxy S6 Edge comezan a actualizarse.

Ademais de todas as novidades desta nova versión, na que destaca especialmente os permisos individuais das apps, a compañía surcoreana aproveitou para afinar a súa capa, TouchWiz, especialmente na versión Edge, que recibe novas funcionalidades.

marshmallow s6 - 4

Para comezar, o novo Edge medra até os 550 píxeles (ocupaba 260), o que permite ter dúas columnas de accesos rápidos que podemos ter configurados no canto dunha. Isto amplía a 10 o número de aplicacións ou cartafoles accesíbeis desde este lugar.

marshmallow s6 - 5

Ademais créase un novo panel chamado QuickTools, que como o seu propio nome indica permítenos acceder rapidamente a ferramentas útiles, entre as que poderemos atopar unha pequena regra, unha brúxula o a lanterna. Así mesmo, tamén mellora a visualización de contactos rápidos. Na seguinte captura pódese ver a evolución:

marshmallow s6 - 3

A última gran novidade do Edge é que, en colaboración con Yahoo, poderemos estar informadas a través de deste panel, o que sen dúbida será de interese para moitas usuarias. Mais como sempre, Samsung deixará aberas as posibilidades do Edge ás desenvolvedoras, que serán quenes poderán multiplicar as posibilidades da pantalla curvada coas súas ideas.

marshmallow s6 - 2

Que vos parecen estas novidades?

Deixa un Comentario