Samsung prepara novas Galaxy Tab S

Estamos nunha semana importante para Samsung. O próximo domingo terá lugar en Barcelona o primeiro Unpacked do 2016. Semella que será un evento sen moitas sorpresas, pois nas últimas semanas fóronse filtrando os novos Galaxy S7 e Galaxy S7 Edge, ou a cámara Gear 360.

samsung galaxy tab s3 - 2

Agora vense de coñecer a existencia de dúas novas tablets, as Samsung Galaxy Tab S3 (tamén se baralla que se chamen Galaxy Tab S2 2016), que virán dispoñíbeis en 9,7 e 8 polgadas, en ambos casos cunha resolución de 2048 x 1536 píxeles.

samsung galaxy tab s3 - 4

No que ten a ver co software, presentaranse contando con Android 6.0.1. Será no MWC ou esperarán aínda un tempo para anuncialas?

Sobre o autor

Reply