Vodafone chegará ao 94% da poboación con 4G en marzo

Vodafone avanza a pasos de xigante coa cobertura 4G, co claro obxectivo de seguir conservando o liderado na banda larga móbil. Hoxe, a compañía británica anunciou que co 4G foi capaz de dobrar a velocidade de despregue ca co 3G, polo que a 31 de marzo xa terá cuberta o 94% da poboación total.

Ese día, Vodafone terá cobertura no 100% das localidades con máis de 15.00 habitantes e en máis do 80% das de menos de 5.000, aínda que ben é certo que os concellos con praias ou grandes infraestruturas xa están cubertos, con independencia do tamaño. Así mesmo, grazas a implantación da cobertura na banda dos 800 MHz (xa dispoñíbel en máis de 2000 concellos) tamén se notará unha mellora na cobertura de interiores.

Máis velocidade

Nas zonas de cobertura 4G+ Vodafone xa está a ofrecer velocidades de até 330 Mbps, pero nalgunhas das cidades máis grandes (A Coruña, por exemplo) xa se poden acadar os 400 Mbps. Estas cifras axiña quedarán obsoletas, pois grazas á agregación de portadoras poderán subir até os 600 Mbps, nun primeiro momento nas áreas empresariais.

Sobre o autor

Reply