Foodie, a app para facer máis apetecíbeis os nosos pratos

Cantas de vós subíchedes algunha vez ás redes sociais unha foto da comida que estades desfrutando? Veña… dicide a verdade 😉 Unha porcentaxe moi alta das nosas amizades faino con máis ou menos frecuencia e por iso hoxe queremos presentarvos Foodie, unha app coa que mellorar a foto e así facer da comida algo moito máis desexábel.

foodie 02

Foodie conta cunha moera de filtros, até 24, que se adaptan ao tipo de comida que fotografamos. Por exemplo, se lle sacamos unha foto a un bo churrasco podemos aplicarlle o filtro barbacoa. A aplicación tamén nos axuda a elixir o mellor ángulo á hora de facer a captura para obter un bo resultado.

Con Foodie tamén podemos difuminar a contorna da comida, pois a protagonista principal da foto é ela e non o que temos arredor. A que sempre se nos cola polo medio un garfo no peor momento?

foodie 04

Como non pode ser doutro xeito neste tipo de aplicacións, temos unha opción para axustar o brillo e empregar o flash, para mellorar a luz en espazos oscuros ademáis de contar con outra opción para compartir o resultado final nas nosas redes sociais dun xeito moi sinxelo.

Se tedes adición a compartir os vosos manxares e tedes gañas de probar Foodie, podedes atopar a aplicación nesta ligazón á Play Store.

Sobre o autor

Reply