VAIO, Toshiba e Fujitsu xuntos para comercializar PCs no Xapón?

Todo a punta a que se está cociñando unha alianza entre VAIO, Toshiba e Fujitsu para crear unha gran compañía no Xapón, coa que acadar máis peso na venta de computadoras persoias.

Segundo Bloomberg, as tres empresas poderían estar ultimando unha fusión que remataría a finais de marzo, tendo VAIO certo poder sobre o resto. O desexo de aliarse nace do complexo que se volveu o mercado dos PCs logo da aparición do mercado dos smartphones, phablets e tablets e a dificultade que están atopando para competir coas tres grandes: HP, DELL e Lenovo.

O motivo de que VAIO sexa a que teña certa autoridade nesta alianza é que son eles os que máis apostan polo mercado dos PCs e Windows 10, pois comercializan un smartphone con Windows 10 e boas especificacións que mesmo se pode empregar coma computadora básica axudado por Continuum. Pola contra, Toshiba e Fujitsu non apostan tan forte polos smartphones e moito menos por Windows 10 en terminais móbiles.

Nos vindeiros meses poderemos ver con máis detalle os puntos desta fusión e o camiño que quere seguir esta nova empresa que está a piques de nacer.

Deixa un Comentario