Mininovas Android: a malla da semana

Metal Slug Attack de balde na Play Store

Co gallo do 20 aniversario da saga Metal Slug, a empresa prometeu unha secuela do Metal Slug Defence que se chama, Metal Slug Attack. Como non pode ser doutro xeito, os gráficos seguén a liña tradicional sen actualizalos aos tempos que corren, como non pode ser doutro xeito pois neste apartado está parte da esencia do xogo. Ademáis da simplificación dos controis, temén temos varios modos de xogo.

Tede en conta que o xogo é preciso xogalo sempre online e aínda que a descarga é de balde, atoparemos pagos integrados. Podedes descargalo nesta ligazón.

Veremos as Iofit de Samsung no MWC?

iofit

Todo apunta a que a vindeira semana, Samsung presentará as primeiras zapatillas deportivas chamadas Iofit nacidas no Cretive Lab de Samsung en colaboración con Salted Venture. O bo deste calzado é que nos axudará a corrixir a postura dos nosos pés cando facemos deporte.

As Iofit conta cuna chea de sensores que recoller información que é levada a unha app onde teremos todo tipo de métricas e gráficas para sacar conclusións sobre as posibéis melloras a aplicar.

Neste vídeo podedes ver un avance do que son quen de facer as Iofit.

Semella que aínda non son un producto final, se non que están en fase de desenvolvemento pero de seguro que a semana que vén poderemos achegarmos máis información.

Twyp chegou ás 200.000 descargas

twyp 02

En tan só 2 meses Twyp, a app de ING da que xa vos falabamos fai un tempo para facer pagos entre particulares, acadou as 200.0000 descargas. Acadar esta cifra en tan pouco tempo, reflexa o interese por este tipo de aplicacións entre as usuarias, situándose nas apps máis descargadas no páis.

A app de Gmail faise compatíbel con Outlook e Yahoo

Xa podíamos consultar as contas de correo de Outlook/Hotmail e Yahoo desde a aplicación de Gmail, pero agora temos habilitadas todas as súas funcións.

Sen dúbida a app de Gmail é unha das mellores, pois é moi eficiente á hora de crear reglas e detectar spam, cousas que só estaban dispoñíbeis para as contas de Google. Cos novos cambios podemos gozar de todos estes beneficios conservando as nosas contas de correo.

Sobre o autor

Reply