Alcatel presenta os novos Idol 4, Idol 4S e os lentes Boom Key

Tal e como vos fomos contando onte á tarde a través do noso Twitter (@mallandroid), a compañía francesa Alcatel presentou os seus novos trebellos no marco do Mobile World Congress. Concretamente, anunciáronse os novos Idol 4 e Idol 4S, ademais duns lentes de realidade aumentada chamados Boom Key.

idol 4 - 3

Alcatel Idol 4

O primeiro dos dispositivos é o Alcatel Idol 4, un trebello que incorpora unha pantalla de 5,2 polgadas e resolución FullHD. No seu interior integra un procesador Qualcomm Snapdragon 617, que está acompañado por 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD en até 512 GB extra.

A súa cámara principal é de 13 megapíxeles, con estabilizador EIS e enfoque ultrarápido, mentres que para a frontal escolleron un sensor de 8 Mpx. A batería é de 2610 mAh.

Alcatel Idol 4S

Pola súa banda, o Alcatel Idol 4S é un dispositivo que vai un paso máis aló. Para comezar, aposta por unha pantalla que sube até as 5,5 polgadas (AMOLED QHD con resolución 2550 x 1440 píxeles), mais os cambios tamén se atopan no seu interior, onde leva un proceador Qualcomm Snapdragon 652, 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis tamén mediante tarxetas microSD de a´te 512 GB.

Tamén varía a súa cámara con respecto ao Idol 4; neste caso temos un sensor principal de 16 Mpx con capacidade de gravación 4K, aínda que a frontal é a mesma, de 8 megapíxeles. A súa batería sube até os 3000 mAh, integrando ademais carga rápida.

Durante a presentación fixeron especial fincapé no sistema de son dual JBL que incorporan, de gran calidade para unha experiencia superior. Veñen con Android 6.0 e un botón que admite numerosas funcionalidades.

Por outra banda, Alcatel tamén anunciou os seus lentes de realidade virtual, que virán no propio paquete no que se distribuirán os terminais, de maneira que non será necesario mercalos como accesorio.

Ambos dispositivos estarán dispoñíbeis no mes de abril por 279 € (Idol 4) ou 449 € (Idol 4S)

Deixa un Comentario