LG anuncia o agardado LG G5

LG vén de dar o pistoletazo de saída do Mobile World Congress 2016 co lanzamento do seu novo buque insignia, o LG G5. A compañía surcoreana decidiu este ano medirse de ti a ti co eterno rival, Samsung, quen presentará esta tarde o seu terminal de referencia, o Samsung Galaxy S7.

Punto e seguido á liña continuísta

No seu momento, o G2 supuxo un punto de inflexión na historia de LG. Hoxe, co LG G5, volven facelo, tocando varios aspectos do seu deseño. Entre eles, un dos máis destacábeis é o cambio dos botóns traseiros de control de volume, que pasan a situarse nun lateral. Conserva, iso si, o botón de acendido (e ao tempo, lector de pegadas dixitais), na parte traseira.

CbvZU06WAAEnVyw

Tamén elimina a dependencia do plástico, un material que vai pasando a mellor vidas nos terminais referenciais dos diferentes fabricante. Este paso xa o iniciaran co LG G4 e os acabados coiro; desta vez temos unha aposta polo metal.

Outro cambio importante é que a traseira é plana, fuxindo da tendencia á curva que vimos nos últimos dispositivos da marca. Así mesmo, integra unha ranura de expansión na parte inferior, como gran novidade deste ano, o que o convirte no primeiro móbil modular de LG.

Desde modo, podemos extraer o módulo de batería e poñerlle unha nova, mais o máis innovador é sen dúbida o módulo de cámara (LG Cam Plus) ou de son (LG Hi Fi Plus), elaborado en colaboración con con B&O.

modulo1 modulo2

Pantalla

O LG G5 reduce o tamaño da súa pantalla, seguramente para marcar as diferenzas co LG V10, recentemente presentado, con moitas prestacións semellantes e unha pantalla de 5,7 polgadas.

CbvZTyFXIAEYGH6

O LG G5 integra un panel de 5,3 polgadas e resolución 1440 x 2560 píxeles. O que non ten é a segunda pantalla que tiña o V10, senón que a súa tecnoloxía foi integrada na principal como Ambient Display, o que permite ter a pantalla activa en todo momento, para amosar a hora ou notificacións, de maneira que non teñamos que andar premendo botóns todo o día. Pequenas melloras que facilitan o noso o día a día, aínda que dun ou doutro xeito tamén afectarán á duración da batería.

Dobre cámara para uns mellores resultados

Outro aspecto relevante do terminal é a presenza de dobre cámara na parte traseira, o que permitirá tomar imaxes en gran angular (135 graos) e cunha resolución de 16 megapíxeles. De non usar este formato, é dicir, imaxes tradicionais, teremos unha resolución de 20 megapíxeles.

Ademais, seguindo la liña dos terminais anteriores, o LG G5 vén con enfoque por láser, flash de dobre LED, formato RAW e software que permite controlar todos os aspectos da cámara, a opción preferida polas persoas que saben do mundo da fotografía.

Son de alta calidade en colaboración con B&O PLAY

No apartado de son, LG traballou man a man con B&O PLAY para ofrecer unha experiencia de audio superior, con características Hi-Fi. Deste modo, as amantes da música e os oídos máis puristas poderán disfrutar da música en estado puro, algo que mellora co módulo específico.

Actualización de especificacións

O resto de especificacións non son máis que unha actualización das especificacións, destacando a presenza do procesador Qualcomm Snapdragon 820, 4 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microsSD de até 2 TB.

A batería será de 2800 mAh, vén con USB Tipo C 2.0 e estará dispoñíbel en catro cores: prata, titanio, dourado e rosa.

Accesorios

Ademais dos módulos, LG tamén presentou diversos accesorios:

LG 360 CAM

Unha cámara que pode sacar fotos e 360 graos, totalmente compatíbel con Google Street View.

lg 360 cam

 

LG 360 VR: Os lentes de realidade virtual de LG

 

vr

Rolling Bot Trátase dun robot – balón, con cámara de 8 megapíxeles, que pode xirar e moverse por tda a casa.

rolling bot

Que vos parecen todas as novidades?

Sobre o autor

No Responses

Reply