Samsung anuncia a chegada de Samsung Pay a máis países

Cuns 5 millóns de usuarias rexistradas e máis de 500 millóns de dólares en transaccións realizadas durante os seus primeiros meses de vida en Corea e nos Estados Unidos, Samsung Pay continúa o seu avance mundial durante o 2016, grazas á colaboración con diversas entidades, entre elas Abanca ou El Corte Inglés.

O primeiro país ao que chegará será China, no mes de marzo, e a continuación Australia, Brasil, Singapur, España e Reino Unido. Posteriormente tamén se unirá Canadá.

Samsung Pay é compatíbel cos terminais máis avanzados de Samsung, como os recén presentados Galaxy S7 e Galaxy S7 Edge, os Galaxy S6 (en todas as súas variantes), así como tamén nos modelos de gama media Galaxy A5. Afortunadamente, a práctica totalidade dos terminais de cobro que hai nas tendas funcionan con estas tecnoloxías de pago, polo que a súa expansión pode ser moi rápida. Que pensades?

Deixa un Comentario