Este é o bq Aquaris X5 Plus

A empresa española bq, acaba de presentar na súa conferncia de prensa do MWC o renovado Aquaris X5 PLUS.

bq x5 plus mwc 01

Polo que sabemos este novo X5 terá acabados metálicos e destacamos:

  • Pantalla IPS de 5″ fHD.
  • Procesador Snapdragon 852 de oito núcleos.
  • GPU Adreno 510.
  • 2/3 GB de RAM dependendo de se tes a unidade de 16, 32 ou 64 GB de ROM.
  • Cámara principal de 16 mpx e 8 mpx para a dianteira.
  • Batería de 3100 mAh, sen carga rápida
  • 4G, DualSIM.

bq x5 plus mwc 02

Como novidade incorpora sensor de pegadas dixitais no botón traseiro e NFC, características coas que este X5 PLUS pretende pelexar cos flagship doutras compañías.

bq x5 plus mwc 02

Sae ao mercado con Android 6.0.1 Marshmallow por un prezo polo de agora descoñecido e estará dispoñíbel para o verán.

No Responses

Deixa un Comentario