Samsung anuncia a cámara Gear 360

Da mesma maneira que o 2015 foi o ano dos wearables, o 2016 seráo da realidade virtual. Neste camiño case todos os fabricantes teñen en marcha proxectos de lentes, máis ou menos completos, pero que ao fin e ao cabo serven para nos somerxer nun mundo virtual paralelo.

Samsung vén de dar un paso máis anunciando onte durante o Unpacked, xunto aos novos Samsung Galaxy S7 e Galaxy S7 Edge a cámara Gear 360, da que xa falamos hai uns días, pero cuxo deseño pouco ten que ver co modelo – prototipo que tiñamos visto até o de agora. Con ela poderemos xerar contidos totalmente inmersivos, que logo podemos disfrutar cunhas Gear VR.

No seguinte video podedes ver como se pode conectar ao móbil e transmitir en tempo real

No que ten a ver cos aspectos puramente máis técnicos, incorpora dous lentes tipo ollo de peixe con sensores de imaxe de 15 megapíxeles. As fotos en 360 graos son en alta resolución (3840 x 1920), o que dá imaxes fixas de 30 megapíxeles, aínda que tamén se poden tomar imaxes de 180 graos usando unsó lente.

Sobre o autor

No Responses

Reply