Xperia X, a nova familia de Sony

Ven de anunciarse o lanzamento dunha nova familia na presentación que acaba de rematar no MWC para competir na gama alta, media e baixa. É a  Xperia X.

xperia X 01

Esta nova familia contará con tres membros que reciben os nomes de Xperia XP, Xperia X e o Xperia XA.

Xperia X Performance

É a aposta forte na gama alta. Ten todo o que podemos agardar dun terminal destas características: Snapdragon 820, 3 GB de RAM, Pantalla fHD de 5 polgadas, 32 GB de ROM, 23 mpx para cámara principal e 13 para a dianteira, Marshmallow e 2700 mAh, cos que garanten 2 días de autonomía.

Xperia X

Pola súa banda, o Xperia X é un terminal que ben para ocupar a gama media, por iso algunhas das súas especificacións varían en relación ao Xperia XP. Destacamos o procesador Snapdragon 650 e a menor batería de 2300 mAh, mantendo o resto de características iguais.

Xperia XA

Este é o irmán pequeno da familia e varía do resto no seu procesador, que é o Mediatek Helio P10, conta con 2 GB de RAM e 16 GB de ROM ademáis da cámara principal de 13 mpx e a dianteira de 8 mpx.

En canto aos prezos, polo de agora non son públicos pero si sabemos que esta nova familia chegará ao mercado para o verán.

 

xperia ear

Sony non rematou nestes terminais a presentación xa que ademáis amosaron 3 novos productos. O maló é que tan só 1 é un producto final, o Xperia Ear, que é un novo wearable do que non temos claros todas as súas posibilidades e os Xperia Eye (que é unha nova cámara inarámica) e Xperia Prjector que é un asistente persoal e loce como vemos na seguinte captura, tan só son conceptos.

IMG-20160222-WA0001

Gústanvos os novos trebellos logo desta primeira impresión?

Deixa un Comentario