Ademáis da renovación do Aquaris X5 PLUS do que vos falabamos aquí, a xente de bq tamén presentou a súa tablet con Ubuntu no seu interior, a Aquaris M10 Ubuntu Edition.
Este dispositivo é a primeira tablet convertíbel que corre con Ubuntu no seu interior, co que se pretende achegar a experiencia dunha equipa de escritorio a unha tablet grazas á posibilidade de conexión dun teclado e un rato.
En canto ao hardware deste dispositivo, destacamos:
- Pantalla AHVA 10,1” a 1920 x 1200 px e 240 ppi.
- MediaTek Quad Core MT8163A até 1,5 GHz.
- GPU MediaTek Mali-T720 MP2 até 600 MHz.
- 16 GB de almacenamento máis MicroSD™ até200 GB para multimedia (ext3).
- 2 GB de RAM.
- Cámara dianteira de 5 MP cun sensor de 1/5″, con gravación de vídeo a 1080p e 30fps.
- Cámara principal de 8 MP cun sensor de 1/4″, con gravación de vídeo a 1080p e 30fps.
- Batería LiPo 7280 mAh.
- LED de notificacións.
- Dimensións: 246 x 171 x 8,2 mm e 470 gramos de peso.
- Conexións: Ranura micro-USB OTG, Micro HDMI e jack de 3,5 mm.
Como vedes é moi semellante en hardware á M10, que ten como principal novidade o software porque a día de hoxe, por moito que nos pese, Android non está listo cando falamos de productividade en tablets convertíbeis.
Agora ben, este producto nace cunha eiva importante. Desde a empresa insisten en que se pode ter unha boa experiencia como se dun pc tradicional se tratase, ao conectarlle un teclado e un rato, pero a M10 Ubuntu Edition non é quen de suxeitarse por si mesma, polo que nos preguntamos se cando saia ao mercado, irá acompañado dalgún accesorio que, mercándoo a parte, amañe este problema.
Sae á venta con Ubuntu 15.04 no seu interior a un prezo polo de agora descoñecido. Calcúlase que sairá ao mercado no segundo trimestre do ano en cor negra.